Os locais participantes nesta iniciativa de Acia Foz ofrecerán aos seus clientes unha ampla variedade de pinchos, tapas, aperitivos e racións elaborados con produtos típicos da gastronomía andaluza a prezos populares, “peixe frito e rebozado, gambas ou xamón, entre outras suxerencias”, explican desde Acia Foz.
A Feira de abril gastronómica de Foz celebrarase nos seguintes establecementos: A Funcional, A Maseira, A Rula, Bar Oiche, Cafetería Dallas, Cafetería Express, Cafetería Pastelería Anduriña, Cafetería Xoyma, Hotel Resturante Leytón, Namarinos, Pizzería A Soalta, Pizzería Xoíña, Restaurante Costumes do Mar, Restaurante Dandy, Restaurante O Lar y Restaurante Portochico.
Ademais o 22 de abril presentarase a campaña As compras na túa vila teñen premio, que se desenvolverá desde esa xornada ata o 3 de maio. Dita campaña está organizada pola Federación Galega de Comercio e a asociación de comerciantes, industriais e autónomos de Foz.