Site icon Crónica3.com A Mariña

A I Carreira Popular das Praias de Barreiros terá lugar o vindeiro 12 de maio

IMG_2301 - CopiaBarreiros, 17 de abril de 2013. O vicepresidente nacionalista da Deputación de Lugo e delegado de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, xunto a membros da organización, participou esta mañá na presentación da 1ª Carreira Popular das Praias, que se terá lugar en Barreiros o vindeiro 12 de maio cun percorrido trazado sobre as praias deste concello mariñán. Trátase dunha carreira especial en Galicia xa que o a práctica totalidade do percorrido se realiza a través das praias.

A inscrición para esta carreira popular é totalmente gratuíta na súa primeira edición e, malia que se recomenda inscribirse con antelación, pode facerse até o propio día da carreira un par de horas antes da saída. A saída terá lugar en Punta Anguieira e atravesará 5.5 kms de praias, para dar a súa volta e volver á meta.

Os teléfonos para inscribirse e máis información son 982 124 085 – 615 09 21 15 – 625 82 10 44 e tamén no correo electrónico: pbsanmiguel@yahoo.es

Nas seguintes webs dos organizadores pódese atopar as bases da carreira, o circuíto e inscricións: http://hotelriadomasma.com/ http://penhabarcelonistasanmiguel.jimdo.com/

Exit mobile version