Site icon Crónica3.com A Mariña

A Pataca Naranxa tamén estará en Segovia

Despois da avalancha de Santiago, A Pataca Naranxa xa ultima outro desprazamento para seguir apoiando incondicionalmente ao Burela FS Pescados Rubén. O próximo destino será Segovia, para medirse ao Caja o sábado 27 de abril, na penúltima xornada de Primeira División.

Ata o martes 23 de abril todos os socios/as da Pataca poderán reservar a súa praza. Para iso será necesario que efectúen o ingreso de 50 euros no número de conta 2091-0109-89-3040023173 de Nova Galicia Banco. O devandito importe incluirá desprazamento en autobús, entrada para o partido, aloxamento, comida do sábado e almorzo do domingo.

O autobús partirá ás 6.00 horas o sábado 27 da cafetería Vista Alegre, ao lado da estación de servizo, e regresará o domingo, ás 12.00.

Máis información: 607 74 87 86 (Peña A Pataca Naranxa)

Exit mobile version