O pasado 22 de marzo o FROB comunicou de forma oficial a porcentaxe estimada de quita que se vai a aplicar tanto a participacións preferentes como subordinadas e subordinadas perpetuas, estamos a falar de unha porcentaxe estimada de un 43% para preferentes, un 22% para subordinada con vencemento e dun 41% para subordinadas perpetuas
No caso das obrigas subordinadas con vencemento, os tenedores terán a opción de canxeala, ben por accións de NGB previo desconto correspondente sobre o nominal o ou ben por bonos ou depósitos bancarios co mesmo vencemento e con un previo desconto sobre o nominal do 1,5% por mes ata a data de vencemento da emisión. Nas preferentes a cantidade restante nun principio pasará directamente a accións de NGB.
Dito todo isto, dente a plataforma pensamos que estamos nunha situación moi delicada, na que vemos como vamos a perder parte do noso diñeiro e non temos ningunha garantía nestes momentos de recuperar o resto. E todo isto porque no seu día fomos enganados e estafados polas entidades bancarias e vímonos inmersos neste gran problema co que xa levamos uns cantos meses de loita continua para poder recuperar os nosos aforros.
Dende a plataforma temos tamén coñecemento que moitos dos afectados están a recibir unas cartas dende o banco nas que se comunican ditos porcentaxes estimados de quita.
A nosa sorpresa é a morea de chamadas que estamos recibindo de persoas que teñen obrigas subordinadas con vencemento e que pensaban que “non tiñan problema” e que agora , dende que reciben a carta, se dan conta que dende a plataforma tiñamos razón no que levamos dito e no que levamos insistindo durante todos estes meses. A maioría desta xente non ten reclamación presentada solicitando a arbitraxe e moitos están a facela nestes días ao enterarse, e porque dende a propia entidade lle lo aconsellan, segundo lle lo din agora puideron facelo no seu momento, pero daquela non interesaba e estaba calados e dicindo que non tiñamos razón.
Despois de tantos meses, seguimos vendo como hai xente que nin sequera sabe o que ten contratado, vemos como dende o banco lles dicían que estivesen tranquilos que non había problema e agora danse conta de que os volveron a enganar e que xa non hai volta atrás.
Temos a total certeza de que despois de isto o número de afectados irá aumentando día tras día.
Unha vez máis dende esta plataforma queremos facer un chamamento a que revisen por favor os seus contratos bancarios, que se teñen algunha dúbida ou consulta que contacten con nos sen ningún problema, que lles proporcionaremos a máxima información posible, e moi importante, que non se fíen do que lles din no banco e non se confíen en que todo está ben.
Dende a plataforma estamos traballando para facer unha reunión antes de final de mes para proporcionar a maior información posible sobre a quita, continuidade da vía arbitral, xustiza gratuíta e a vía xudicial. Manteremos os afectados informados da data e hora en canto teñamos toda esta información.