Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma na defensa da Sanidade Pública da Mariña impulsa unha ILP para a que xa se iniciaron trámites na defensa da autonomía sanitaria da comarca

XA ESTÁ CONSTITUÍDA UNHA COMISIÓN PROMOTORA FORMADA POR COLECTIVOS DE DOENTES, ASOCIACIÓNS VECIÑAIS, ORGANIZACIÓNS POLÍTICAS, SINDICAIS E REPRESENTANTES DO PEROSAL SANITARIO DE ATENCIÓN PRIMARIA E ESPECIALIZADA E MANTENSE ABERTA Á PARTICIPACIÓN DOUTROS COLECTIVOS SOCIAIS PREOCUPADOS POLA SANIDADE PÚBLICA NA COMARCA.

OS OBXECTIVOS DA ILP SERÁN A DERROGACIÓN DO DECRETO 55/2013 DE 21 DE MARZO, A CREACIÓN DUNHA ÁREA DE XESTIÓN INTEGRADA PROPIA PARA A COMARCA, A ADECUACIÓN DO PERSOAL SANITARIO ÁS NECESIDADES POBOACIONAIS DA COMARCA, A AMPLIACIÓN REAL DO HOSPITAL DA COSTA E A DEFENSA DUN SERVIZO SANITARIO PÚBLICO E DE CALIDADE NA COMARCA DA MARIÑA.

A Mariña, 17 de marzo de 2013. A Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña anunciou hoxe que xa está en tramitación unha Iniciativa Lexislativa Popular para a que xa iniciou a súa tramitación coa constitución da Comisión promotora que se manterá aberta nos próximos días á participación doutros colectivos sociais xa que ten carácter inclusivo para todas as persoas ou colectivos da comarca que compartan a necesidade de contar na comarca e en Galiza en xeral cun servizo sanitario público e de calidade; con todo na actual comisión promotora xa están integrados colectivos de doentes, asociacións veciñais, organizacións políticas, sindicais e representantes do persoal sanitario da atención primaria e especializada e conta co apoio de SOS Sanidade Pública que aglutina ao conxunto das Plataformas na Defensa da sanidade Pública Galega.

A ILP PRETENDE A IMPLICACIÓN DO CONXUNTO DA SOCIEDADE MARIÑÁ E MANTEN ABERTA A COMISIÓN PROMOTORA Á INTEGRACIÓN DOUTROS COLECTIVOS PREOCUPADOS POLA SANIDADE PÚBLICA NA COMARCA E NO CONXUNTO DE GALIZA.
A Plataforma xa iniciou os trámites administrativos para impulsar a Iniciativa Lexislativa Popular coa constitución da Comisión Promotora que se manterá aberta nos próximos días á integración doutros colectivos sociais preocupados pola sanidade pública na comarca e no país. Neste sentido concretaron que aínda que xa forman parte da referida comisión colectivos de doentes, asociacións veciñais e doutra índole, organizacións políticas, sindicais e representantes dos cadros de persoal sanitario de primaria e especializada, manteñen aberta a participación a outros colectivos preocupados pola degradación da sanidade pública e a perda de autonomía da xestión sanitaria da comarca. Abundaron neste asunto explicando que esta iniciativa conta co apoio de SOS Sanidade Pública que aglutina ao conxunto das plataformas na Defensa da Sanidade Pública de Galiza da que a plataforma mariñá forma parte e insistiron que esta iniciativa ten carácter inclusivo e entenden que a plataforma mariña é neste momento o colectivo que aglutina a maior masa social organizada que existe na comarca na defensa da sanidade pública.

A MARIÑA CONTA CON TODAS AS CARACTERÍSTICAS NECESARIAS PARA CONTAR CUNHA ÁREA DE XESTIÓN INTEGRADA PROPIA.
Insistiron en que a comarca mariñá conta con todas as características que a fan posuidora ado dereito a contar cunha area de xestión sanitaria integrada propia e que o decreto 55/2013 aprobado polo Consello da Xunta o 21 de marzo pasado e que supón un paso atrás na calidade asistencial na comarca así como un incumprimento vergoñento dos compromisos adquiridos coa comarca polo actual presidente da Xunta e a Consellaría de Sanidade.

Descargan outra vez as súas críticas sobre os alcaldes, alacaldesa e concelleir@s así como outros dirixentes do Partido Popular na Comarca que seguen a trasladar á opinión pública un discurso contrario ás demandas dunha gran parte da sociedade mariñá e anuncian que seguirán exercendo presión sobre estes representantes que lonxe de defender os intereses da cidadanía, póñense ao lado das directrices do partido. Neste sentido advertiron que as decisións sobre o modelo de xestión sanitaria, “son decisións políticas e polo tanto o seu combate debe ser político e social ademais de técnico xa que existen razóns técnicas sobradas para defender o texto que se impulsa con esta ILP”

OBXECTIVOS DA ILP CUXO TEXTO XA ESTÁ EN PROCESO DE REDACCIÓN E SERÁ PRESENTADO PUBLICAMENTE NOS PRÓXIMOS DÍAS
Dende a Plataforma anunciaron que o texto da ILP xa está en proceso de redacción cuxo texto será presentado publicamente nos próximos días e concretaron que parte dos principios dos que parte son os xa expostos na ILP impulsada por SOS Sanidade Pública que xa foi levada ao Parlamento na inicio da actual lexislatura aínda que terá concreción nas demandas expresadas pola Plataforma comarcal dende a súa constitución fai xa tres anos.

A parte resolutiva da ILP incluirá cinco puntos esenciais:
1.- A derrogación do Decreto 55/2013 de 21 de marzo polo que se crea a estrutura organizativa da área de xestión integrada de Lugo, Monforte e A Mariña.
2.- a creación dunha área de xestión integrada para A Mariña con plena capacidade de xestión en asistencia primaria e especializada e sobre os seus recursos humanos, económicos, infraestruturas e prestación de servizos da área sanitaria comarcal.
3.- A adecuación dos cadros de persoal ás necesidades da poboación da área sanitaria da Mariña tanto en atención primaria como especializada.
4.- A ampliación real do Hospital da Costa en número de camas, implantación da Unidade de Oncoloxía, ampliación de Hemodiálise, pleno funcionamento da Consulta Maior Ambulatoria, unha Resonancia Magnética fixa, a hospitalización a domicilio, a posta en funcionamento dos servizos de tarde de acordo coas necesidades de atención para unha poboación oscilante entre as 70.000 e as 100.000 persoas tendo en conta os incrementos poboacionais en determinadas épocas do ano.
5.- A defensa do carácter público da sanidade como servizo universal, gratuíto e de calidade sendo responsabilidade do goberno galego no exercizo das súas competencias como garantía para a efectividade do dereito á protección da saúde que recoñece o Artigo 43 da Constitución.

Exit mobile version