Site icon Crónica3.com A Mariña

A Sala do Lavadoiro dos Fornos acollerá un curso de cestaría de reciclaxe os xoves de maio e xuño

Ribadeo, 19 de abril de 2013. A sala do Lavadoiro dos Fornos acollerá un curso de cestaría de reciclaxe durante os xoves dos meses de maio e xuño. Está organizado polo Centro de Artesanía e Deseño, da Deputación Provincial de Lugo, e polo Concello de Ribadeo.
O curso, que será impartido por Idoia Cuesta, terá unha duración de 39 horas.

Desenvolverase os xoves dos meses de maio e xuño en horario de catro e media a oito e media da tarde. O prezo da matrícula é de 18 euros e as prazas son limitadas.

Os interesados poden inscribirse na páxina web www.centrad.org e informarse na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo ou chamando ao teléfono 982.128.650.

Exit mobile version