Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta a exposición de Fotografía Antiga no Valadouro

expo_valadouro_1Continúa aberta a Exposición de Fotografía Antiga que se abriu ao público na Casa da Cultura do Concello do Valadouro o sábado 23 de marzo, Día do Mercado de Primavera. Os fondos reunidos, que van dende principios do século XX ata os anos 70, retratando toda clase de instantáneas que reflicten festas, cerimonias relixiosas e paisaxes da vila e parroquias deste val. A exposición estará aberta ata 1 de xuño en horario de luns a venres de 16 a 20:30 e os sábados de 10:00 ata 14:00.

Exit mobile version