Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo para solicitar as axudas de pagamento único por fillos ou fillas menores de 3 anos

Estará aberto ata o vindeiro 11 de maio e os interesados en solicitar a axuda poden dirixirse ós Servizos Sociais do Concello de Burela.

Burela, 3 de abril de 2013. A Concellería de Servizos Sociais informa que ata o 11 de maio está aberto o prazo para solicitar as axudas da prestación económica de pagamento único por fillas/os menores de 3 anos para o ano 2012 (Orde do 26 de marzo do 2013, DOGA nº 62 de 01 de Abril de 2013 da Consellería de Traballo e Benestar).
Diana Durán lembra que poderán ser beneficiarias destas axudas “as persoas que teñan fillos/as menores de tres anos na data 1 de xaneiro do 2013 (nacidos entre o 02-01-2010 e o 01-01-2013, inclusive) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso. No caso de fillos/as adoptados ou acollidos entre o 31 de decembro do 2011 e o 31 de decembro do 2012, a prestación poderase conceder durante os tres anos posteriores á data da inscrición no Rexistro Civil ou, cando esta non sexa necesaria, a partir da data da resolución xudicial ou administrativa que a declare”.
A documentación que deberán presentar é a seguinte:
– Solicitude e anexos/ sede electrónica.
-Autorización do cónxuxe ou parella para obter da AEAT e da Consellería de Facenda os seus datos de carácter tributario (anexo II)

-Fotocopia do Libro de Familia ou certificación literal de nacemento do Rexistro Civil de cada un dos fillos/as menores de 3 anos.

-Certificado de empadroamento conxunto de toda a unidade familiar (Convivencia).

– Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio e do convenio regulador, se é o caso.
Nos supostos de adopción ou tutela, copia do auto xudicial de adopción ou da resolución xudicial de constitución da tutela.

– Fotocopia da folla da cartilla de aforros na que figure o nº de conta ou, no seu defecto, certificación bancaria que indique expresamente que a persoa solicitante é titular da conta á que se refire.

Para máis información e trámites, os interesados deberán dirixirse ós Servizos Sociais Municipais, sitos na Casa do Concello, en horario de 8 a 15 horas de luns a venres.

Exit mobile version