Site icon Crónica3.com A Mariña

Academia A Mariña organiza a segunda xornada de Networking que se celebra na comarca

Burela, 18 de abril de 2013. As instalacións da Academia A Mariña en Burela acollerán o vindeiro 27 de abril a segunda xornada de networking que se celebra na comarca na partir das 9 da mañá.

Desde o centro explican que “despois do éxito que tiveron as primeiras xornadas de networking, a axencia privada de colocación e empresa de recolocación de Academia A Mariña organiza esta segunda cita” e engaden que “as primeiras xornadas, que realizamos a principios de marzo, deron un resultado moi positivo xa que varios empresarios solicitaron candidaturas dos participantes e ó final se cerraron varias contratacións. Para os asistentes a experiencia foi altamente satisfactoria porque establecieron unha serie de novos contactos, tanto entre os participantes como cos empresarios, así como unha serie de ferramentas para vender a súa propia marca profesional”.

Academia A Mariña indica que “o networking consiste no establecemento dunha rede profesional de contactos que permite darnos a coñecer a nosoutros e a noso negocio, escoitar e aprender dos demais, encontrar posibles colaboradores, socios ou inversores. Un dos principais obxectivos da axencia de colocación é a dinamización do mercado laboral, favorecendo o contacto e a cooperación de todos os axentes que son vitais na recuperación do emprego e da actividade empresarial: empresarios, emprendedores, persoas en búsqueda de emprego e profesionais de recursos humanos”.

A segunda xornada de networking, que terá lugar o 27 de abril, dará comezo ás 9 horas co desenvolvemento duns talleres de motivación e preparación. Á cita acudirán 20 participantes, que durante as tres primeiras horas traballarán as súas competencias personais e profesionais para crear un perfil profesional competitivo. Ás 12 horas unha nova empresaria da zona, que reestruturou con éxito o seu negocio familiar, pronunciará unha breve conferencia. E xa ás 12:30 se iniciará a xornada de networking entre empresarios da zona e os participantes nos talleres. Entre as empresas invitadas a esta xornada están representados sectores coma a construcción, electricidade, servizos sociais, hostalería, administración, comercio e educación infantil.

Exit mobile version