Site icon Crónica3.com A Mariña

ACD Xove viaxará á Costa Ártabra despois de visitar o Barqueiro

Grupo de Sendeirismo ACD.XOVEO Grupo de Sendeirismo da ACD XOVE desprazarase este domingo 21 a zona de Ferrolterra, para facer a Ruta: Senda da Costa Ártabra, con saída na Praia de Santa Comba en Ferrol e chegada a o Monte Campelo en Valdoviño. A continuación visitarán o Faro de A Frouxeira, para acabar facendo outra pequena ruta, a da Lagoa da Frouxeira que acaba na Praia de Valdoviño. En total cerca de 18 quilómetros de rutas son os que farán os 72 sendeiristas que se desprazarán a esta impresionante zona costeira como é a Costa Ártabra. A anterior ruta realizárona polo Barqueiro e na fotografía aparece o grupo na Ponte de Ferro.

Exit mobile version