Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA Ribadeo asina un convenio de colaboración con Eomática sobre o rexistro de dominios e deseño web

Convenio Eomatica 1Ribadeo, 11 de abril de 2013. ACISA acaba de asinar un convenio de colaboración coa empresa ribadense Eomática co obxectivo de ofrecerlles aos seus asociados condicións vantaxosas para rexistrar ou trasladar un dominio na internet e para o deseño dos sitios web que poidan precisar.

Os encargados de asinar o acordo foron Antonio Andina por parte de Eomática e o presidente de ACISA, Roberto Rivas. O período de vixencia do mesmo será de dous anos e prolongarase ata o 1 de abril de 2014. Ao finalizar, valorarase a renovación dos servizos en función dos intereses individuais ou colectivos, segundo o caso cegado o momento.

Desde Eomática apuntan que “sendo conscientes da situación actual pola cal estamos pasando as empresas de todos os sectores, a nosa proposta entendemos que é moi suxerente e ao alcance de todos para que ningún quede fóra”. O custe dos servizos que prestará Eomática aos asociados de ACISA será de 0 euros o primeiro ano e de 75 euros (IVA incluído) o segundo. A empresa explica que “este prezo inclúe a elaboración de unha web básica, con aloxamento da mesma e servizo de correo electrónico, ademais de incluír o dominio”. E, engade, que “se pode estudar algo especial no caso de necesitar unha web máis avanzada que integre outras prestacións adicionais e de servizos profesionais. Para este tipo de peticións poñémonos a disposición de calquera que desexe ampliar esta información ou avaliar outras opcións”.

Exit mobile version