Site icon Crónica3.com A Mariña

ACISA Ribadeo organiza unha charla-coloquio sobre as preferentes e subordinadas que se celebrará o vindeiro 24 de abril

Ribadeo, 19 de abril de 2013. ACISA Ribadeo organiza unha charla sobre as preferentes e as subordinadas que terá lugar o próximo mércores, 24 de abril, a partir das 20 horas no salón de actos da Casa Sindical, e na que se contará coa presenza do despacho Mateo e Sánchez, especialistas en dereito bancario.

Desde a directiva de ACISA sinalan que “dado o gran número de reclamacións que se presentaron en Ribadeo, entre as que se encontran as plantexadas por algúns dos nosos socios, é polo que decidimos organizar esta charla informativa, na que se falará da alternativa xudicial que poden seguir os afectados, da vía arbitral e a súa continuidade, ademáis de explicar cando e cómo se fará efectiva a quita que lles aplicarán a aquelas persoas que conten con preferentes e con subordinadas”.

ACISA engade que “Mateo e Sánchez é un despacho que ten entre as súas especialidades o derecho bancario e están defendendo a un gran número de afectados da provincia, consideramos que este despacho é o máis indicado para acudir a Ribadeo a resolver aquelas dúbidas ou consultas que os afectados queiran plantexarlles”.

A directiva de ACISA sinala que “a charla está aberta a todo o que queira asistir, sexa socio noso ou non. É un tema que preocupa a toda a sociedade e por iso quixemos organizar esta charla-coloquio”.

Exit mobile version