Site icon Crónica3.com A Mariña

Actuación do Grupo Ouriol en Xove

DE NOME ROSALÍA 03A Concellería de Cultura do Concello de Xove organizou unha actuación dentro do Programa ‘Ler conta moito’. O Grupo Ouriol puxo en escena “De nome Rosalía”, unha proposta de dinamización con música, teatro e danza. A esta función asistiron tódolos alumnos/as, xunto con profesores, do IES Illa de Sarón de Xove. A poesía de Rosalía está adoito presente en diferentes recitais do Grupo Ouriol, mais neste ano no que se cumpre o 150 aniversario da súa obra Cantares Gallegos, quixeron compoñer un espectáculo monográfico dedicado á súa poesía , sobre todo ó contido en Cantares Gallegos e en Follas Novas. A recitación dos textos pola poeta Eva Veiga, vai acompañada da música en directo realizada polos músicos Fito Ares e Bernardo Martínez.

Exit mobile version