Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Fuente informa da ampliación e mellora que se acometeu no xulgado de Paz de Barreiros

Foto xulgado paz BarreirosBarreiros, 24 de abril de 2013. O xulgado de paz de Barreiros foi ampliado para prestar un mellor servizo á cidadanía, segundo daba a coñecer este mediodía o alcalde, Alfonso Fuente.

O rexedor sinalou que “estes días xa se abría a todos os veciños esa ampliación do xulgado de paz, que estaba nun local moi pequeno, que era incómodo para toda a xente que ten que sacar calquera documento, pois estaba todo bastante apertado”.

Fuente Parga explicou que “chegamos a un acordo con Telefónica, que tiña parte da planta baixa do Concello, para que nos deixase a metade aproximadamente do local que ocupaba antigamente a súa central e despois de remodelalo e acondicionalo hoxe xa podemos todos os veciños disfrutar dun xulgado de paz máis amplo e cunhas condicións moito mellores”.

O alcalde dixo que “moitos veciños deciden celebrar a súa voda no xulgado de paz e a verdade é que case non se podía facer no pouco espazo que había. Estaba todo moi apertado e é unha mellora que facemos no edificio municipal, na Casa do Concello, precisamente para mellorar esa asistencia que prestamos aos veciños. Pasaba o mesmo cando había unha conciliación na que tiñan que vir avogados e outra xente, xa que case non podían estar, algún tiña que quedar fóra”.

Exit mobile version