
Lugo, 23 de abril de 2013.– O vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantivo hoxe unha reunión coa nova secretaria territorial da Delegación Territorial da Administración autonómica en Lugo, Marta Barreiro, e cos novos membros incorporados á estrutura da Delegación Territorial do Executivo galego na provincia.
Na xuntanza estiveron presentes tamén o xefe territorial de Presidencia e Administracións Públicas e Xustiza, José Manuel Rozas; o xefe territorial de Traballo e Benestar, Alberto Linares Fernández, e a xefa de coordinación da Área de Cultura, Yolanda Gómez González, que asumiron os seus cargos ao longo dos últimos meses.