Site icon Crónica3.com A Mariña

Antonio Veiga recibe na Deputación aos rapaces campións de España de fúbol sala coa selección galega de base

rIMG_226111 rapaces lucenses fixeron parte nas seleccións galegas de fútbol sala benxamín, alevín, infantil e cadete que ganaron en Castellón o título de España por autonomías

Lugo, 15 de abril de 2013. Esta tarde, o vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, Antonio Veiga, recibiu aos 11 rapaces lucenses fixeron parte nas seleccións galegas de fútbol sala benxamín, alevín, infantil e cadete que ganaron en Castellón o título de España por autonomías en cada unha das súas categorías. É a segunda vez que Galiza consegue a xesta de acadar a vitoria en todas as categorías do campionato nacional de seleccións base, deixando un bo sabor de boca á gran cantidade de afeccionados que enchían os polideportivos. Os combinados galegos regresaron á casa cos títulos nacionais que a CNFS poñía en xogo para o catro categorías (benxamín, alevín, infantil e cadete). Foron moitos os afeccionados galegos que se deixaron ver nas bancadas das instalacións pondo un colorido especial e facendo soar as notas da rianxeira, co seu alento conseguiron que os galegos non perdesen nin un só dos seus encontros cedendo unicamente un empate. Esta xesta, tarefa moi difícil, é a segunda vez que a alcanzan os combinados galegos, quen na tempada 2008/2009, xa o conseguiron na competición celebrada en Cidade Real.

A esta recepción acudiron os rapaces benxamín: Xoel Trasancos Atadel; Alevíns: Gabriel García Abelleira, Luis Vila Louzao, Christian Otero Fernandez, Jacobo Costoya Iglesias, Rares Mezorea; Infantís: Cley Nogueira Rabade, Noé Cabana Alemparte; e cadetes: Cristian Garcia Mendez, Javier Vazquez Mejias, Alexandre Rico Fernandez xunto cos adestradores lucenses dos conxuntos cadete, Manuel Martínez e Jesús Pérez e infantil, Ibán Garcia e Diego Ríos. Ademais tamén estiveron acompañados na súa visita á Deputación polo presidente da Federación Galega de Fútbol Sala, Juan Angel Probaos Barral e a delegada galega de árbitros, María del Carmen Castro García.

Durante a visita dos xogadores, técnicos e directivos á Deputación, o nacionalista Antonio Veiga deulles os parabéns a todos e manifestou a súa ledicia “porque situastes a Galiza no máis alto do fútbol sala estatal, facendo un papel incrible, o que é unha excelente noticia porque vós sodes o futuro do noso deporte. Lugo e os lucenses somos unha potencia en moitísimos deportes e, no fútbol sala, sen dúbida dos máis destacados con grandes equipos na elite compostos por moitos xogadores locais. Por iso desde as institucións, como é a nosa folla de ruta no goberno da Deputación, hai que apoiar o deporte de base que tan firmemente representan estes nenos. Por iso, desde a Área de Deporte da Deputación queremos darlle os parabéns non só a estes deportistas polos seus títulos, senón tamén aos adestradores por este excelente traballo que está a desenvolver desde a base”.

Exit mobile version