Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiro establece cos deputados e senadores as liñas de traballo para este período de sesións

Preside o órgano de coordinación que servirá para impulsar medidas positivas para a provincia e levalas á práctica na xestión diaria das distintas administracións nas que teñen de responsabilidade de goberno

Lugo, 19 de abril de 2013.- O presidente do PP de Lugo José Manuel Barreiro, mantivo esta mañá a primeira xuntanza cos Deputados Provinciais, Autonómicos, Nacionais e Senadores tras a súa reelección como presidente dos populares lucenses o pasado 2 de marzo no Congreso Provincial que tivo lugar en Burela.

No devandito encontro tamén estiveron presentes o Secretario Xeral do partido, José Manuel Balseiro e a voceira dos populares na Deputación, Elena Candia, e serviu para que o presidente provincial marcara a liña de traballo a seguir neste período de sesións.

Barreiro será o encargado de presidir este órgano de coordinación dos representantes lucenses nas distintas Cámaras lexislativas que nace co obxectivo de impulsar un conxunto de medidas que poidan ser positivas para a provincia e levalas á práctica na xestión diaria das distintas administracións nas que teñen responsabilidade de goberno.

“Somos o partido con maior apoio electoral dos lucenses e temos un compromiso moi destacado con esta provincia que se materializa en cada unha das accións que os cargos públicos do PP impulsan a nivel local, provincial, autonómico ou estatal”-dixo Barreiro- “así que temos que seguir nesa liña e tomar a iniciativa en todo aquilo que contribúa a avanzar na recuperación económica e o emprego”.

Exit mobile version