Site icon Crónica3.com A Mariña

Excelente xornada dos equipos de base do CD Foz

Excelente fin de semana para os equipos base do CD Foz. En canto o equipo CADETE, proclamouse Campión Provincial, a falta de unha xornada, derrotando en Lugo ó Polvorín por un contundente 2-7. A pesar de empezar perdendo por dous a cero, os campións demostraron a súa valía e xa antes do descanso nivelaron o encontro cun gol de Gonzalo e outro de German. A saída dos vestiarios foron un auténtico rodillo e foron caendo os goles hasta chegar os sete finais. Gonzalo(3), Germa(2), Ivan e Asier foron os goleadores. Parabéns para esta plantilla onde se xuntan grandes xogadores, algúns dos cales xa levan 3 títulos provinciais e un ascenso a liga galega en categoría infantil. Agora tócalles rematar a tempada o vindeiro domingo e preparar a fase de ascenso.

Outra alegría foi a que deron os INFANTÍS que o sábado gañaron a Residencia por 2-0. Facía xa moitas xornadas que os mais pequenos non coñecían a vitoria, e esperemos que esta sirva de revulsivo para rematar ben a campaña. Jose Miguel e Antón Eijo foron os goleadores. Agora mesmo 6 puntos son os que os separan do descenso.

E para rematar dicir que os XUVENÍS empataron no derradeiro encontro da liga ante a Pontenova (1-1), sendo o autor do último gol do exercicio obra do defensa Pablo.

Exit mobile version