Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia: “Os feitos mostran que os anuncios solidarios que Besteiro lanza aos concellos non son cribles”

Lugo 26 de abril de 2013.- Tras coñecer o anuncio da Deputación de Lugo, quen presume de aforrarlle aos concellos unha contía económica na factura eléctrica, a voceira do PP na Deputación asegura que o seu grupo vixiará de maneira expectante que eses datos se cumpran.

Afirma Elena Candia que os feitos mostran, claramente, que todos os anuncios que lanza Besteiro mostrando a súa colaboración cos concellos, non son cribles, e proba disto vese en varios programas que a Deputación de Lugo puxo en marcha e acaban sendo un total fracaso.

“Un exemplo é o programa Innovate, onde o equipo de goberno do ente provincia anuncia unha segunda fase, cando non funcionou a primeira”- critica Candia.

A popular pregúntase tamén cando Besteiro ten previsto por en marcha o ciclo da auga, un dos seus programas considerados estrela e que xerou moi pouco interese por parte das empresas e concellos.

“Este proxecto xerou moi pouco interese tanto por parte das empresas, posto que só se presentou unha, algo que sorprende neste momento de crise económica; como por parte dos concellos posto que se presentaron menos da metade dos mesmos; dos 67 municipios, só se presentaron 28, con chamativas ausencias dos concellos gobernados polos socialistas e nacionalistas”- afirma Candia.

Conclúe a voceira do PP manifestando que Besteiro presume de datos non reais e dunha solidariedade cos concellos que resulta totalmente ficticia.

Exit mobile version