
Os rapaces do colexio Sagrado Corazón de Jesús celebraron o Día da Auga (22 de marzo) participando nunha campaña de Unicef na que reuniron 2541,48 euros que xa entregaron a Unicef. A carreira “Gotas para Níxer”, que une a escolares de centros de todo o país cun obxectivo común: xuntar gotas de solidariedade destinadas ó desenvolvemento de proxectos de supervivencia en Níxer, o país máis probe do planeta, desenvolverase na tarde deste luns 15 de abril. Os participantes sairán a partir das 16:00 en grupos ata rematar no Cantón. Os rapaces, dende 3 ata 16 anos, son patrocinados por familiares e amigos e correrán pola peatonal, saíndo en grupos ás catro da tarde, ata o Cantón para que outros nenos poidan ter escola e recibir unha educación. É unha carreira non competitiva, nela gañamos todos.