Site icon Crónica3.com A Mariña

Día do Libro Infantil e Xuvenil

dia_libro_infantilA Concellería de Cultura de Cervo vén de festexar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se conmemora mañá día 2 de abril. O Concello decidiu adiantar a hoxe a celebración desta data aproveitando que os escolares non teñen clase “dedicándole más tiempo a las actividades y, al mismo tiempo, favoreciendo la conciliación laboral y familiar” tal e como explica a edil de Cultura, Begoña Alonso. As actividades tiveron lugar esta mañá na biblioteca de San Cibrao, onde unha quincena de nen@s de Educación Infantil participaron en obradoiros e xogos relacionados co conto O Rei León. Unhas actividades que consistiron na lectura do libro e en colorear debuxos das personaxes da historia, que ao remate foron colocados nun mural que permanecerá exposto na biblioteca da vila durante esta semana.

Exit mobile version