Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo saca a Biblioteca ao aire libre polo Día do Libro para fomentar a lectura

dia_libroCervo, 23 de abril de 2013-A praza dos Campos de San Cibrao converteuse durante todo o día nunha Biblioteca ao aire libre. A Concellería de Cultura puxo en marcha esta orixinal iniciativa para celebrar o Día do Libro e, deste xeito, fomentar a lectura como unha actividade moi beneficiosa para o desenvolvemento intelectual. Pero, ao mesmo tempo, o Concello aproveitou esta data para facer visible a Biblioteca como servizo público que se ofrece durante todo o ano nas vilas de Cervo e San Cibrao.

Ao longo desta xornada, a Biblioteca na rúa ofreceu varias zonas de consulta e lectura, diferenciando por idades e creando varios ambientes; así como os servizos de alta de socio e de préstamo de libros. Xa pola tarde, os nenos e nenas participaron en actividades específicas para eles con obradoiros creativos. “La jornada de hoy es muy importante, porque por un día la sociedad pone el foco de interés en la lectura” explica a edil de Cultura, Begoña Alonso.

Por iso, xunto á Biblioteca ao exterior, as librerías de San Cibrao puxeron á venda libros de ocasión e a prezos especiais. Ao mesmo tempo, Alonso engade que “desde el Concello queremos ir más allá de una actividad puntual para potenciar la lectura todo el año, por eso invitamos a todos los cervenses a acudir a la Biblioteca Municipal y a consumir libros en general”.

Exit mobile version