Site icon Crónica3.com A Mariña

Chao de Castro-Altair: Semana Santa no rural

chao-altair semana santaDe volta de novo do campamento, o grupo educativo Chao de Castro-Altair seguimos coas actividades semanais con vistas tamén a preparar o campamento do verán que contará con máis días. O sitio aínda está por determinar, pero o que temos claro é que de novo será espectacular e que estará rodeado da natureza. Todos quedaron cun moi bo sabor de boca sobre o grupo da xente e paisaxes de San Xián de Cabarcos (Barreiros) e, en especial, dun gandeiro chamado Jose que moi amablemente nos explicou en que consiste o seu traballo na granxa de vacas leiteiras.

Exit mobile version