
A Asociación de comerciantes Casco Histórico de Viveiro organiza un concurso que ten como temática a celebración do Día da Nai. A campaña leva por título “Unha carta para mamá”. Os participantes deberán enviar unha carta ou debuxo reflexando que significa e representa para eles a figura da nai. Poderán participar no concurso nenos/as de ata 14 anos. Cada participante poderá presentar unha carta e/ou un debuxo, pero a mesma persoa non poderá ser agraciada con máis dun premio. Non se aceptarán fotomontaxes, nin debuxos ou cartas que foran premiadas con anterioridade. As cartas e debuxos poderanse entregar de varias formas: de forma presencial nas oficinas da Asociación situadas na Travesía da Mariña, 29 Entlo 1D en Viveiro – Lugo (de 10 a 14 e de 16 a 20 horas, así como por correo postal á mesma dirección; por correo electrónico a info@viveirocentro.com; e a través da web www.viveirocentro.com ou a través do perfil social da Asociación no Facebook. O prazo de envío será dende o 26 de abril de 2013 ata o 3 de maio de 2013 ás 20 horas. Cada participante deberá informar do seu nome, apelidos e teléfono de contacto.