Site icon Crónica3.com A Mariña

Cursos de Raku e gravado en RegalXunqueira

curso de rakuO próximo sábado día 27 de abril, dentro da programación de “Obradoiros con Alma” da Mariña de Lugo, haberá un taller de elaboración e cocción de pezas de Raku, en Regal Cerámicas, ao mesmo tempo que se poden visitar as instalacións de RegalXunqueira: museo da cerámica e museo da pel, souto das esculturas e visita á exposición “dende mañá”. Cada participante levará para a súa casa a peza que coza e elaborará unha peza que se cocerá no próximo curso, o sábado 4 de xuño. Igualmente este venres 26 de abril, iniciarase o novo curso de gravado, curso que igual que o ano pasado será impartido polo artista alemán Axel Okelmann, durante os vindeiros venres, de toda a primavera. Ambos os dous cursos serán gratuítos e calquera persoa que estea interesada pode inscribirse, a través do correo electrónico: ceramica@oteroregal.com, ou ben chamando ó 982 56 25 89.

Exit mobile version