Site icon Crónica3.com A Mariña

David Taboada e Nostatic, protagonistas na Sala Casteao

A Sala Castelao de Lugo acolle este venres, 5 de abril, o concerto de David Taboada e Asociados dentro da programación da fin de semana. A banda galega conseguiu desde o seu debut en 2008 facerse un lugar no panorama musical. O sábado será o turno de Nostatic, grupo que xurde a finais do 2006 en A Coruña. Constituídos como músicos de rock, presentan cancións propias e versións dos referentes do rock dos 70, 80 e 99. Ambos concertos terán lugar a partir da medianoite. A entrada a cada un terá un prezo de 5 euros con dereito a consumición.

Exit mobile version