Site icon Crónica3.com A Mariña

Deportistas, políticos e profesores participarán no concurso de guións radiofónicos ‘Radiando Igualdade’

Ribadeo, 25 de abril de 2013. Segue o concurso de guións radiofónicos Radiando Igualdade que organiza o Concello de Ribadeo e no que están a participar varios grupos de alumnos e alumnas do colexio Sagrado Corazón.

Mañá, 26 de abril, a partires das 10:15 horas o salón de actos do centro acollerá as entrevistas e as mesas redondas que os alumnos e as alumnas organizaron sobre a igualdade e a presenza da muller en varios ámbitos como o deporte, a política ou o ensino.

No acto participarán as xogadoras do Burela FS: Joziane de Olivera e Lidia Mesías, a atleta Ana Ferradás, o director da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo, Hugo García, a profesora Mª Carmen Rodríguez Cancelo, e o director académico do colexio, Francisco Javier Rodríguez Veiga. Tamén estarán a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, a alcaldesa de San Tirso de Abres, María Goretti Quintana, a responsable do CIM, Luisa González, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.

Exit mobile version