A lectura; ou sexa, o libro non só proporciona información senon que forma (educa) creando hábitos de reflexión, análise e esforzo, e recrea, fai gozar, entretén e distrae; axuda ó desenvolvemento e perfección da linguaxe e mellora a expresión oral e escrita, e faina mais fluída, mellorando as relacións humanas.
A idea orixinal da celebración do Día do Libro partiu de Cataluña, do valenciano Vicente Clavel que o propuxo á Camara Oficial do Libro de Barcelona. Pouco despois (1930) instaurase definitivamente o 23 de abril, data da morte en 1616 de dous xigantes da literatura universal: Cervantes e Shakespeare, aínda que non figurando mesmo día porque Inglaterra non adoptara o calendario gregoriano. A Conferencia Xeral da UNESCO declarouna de carácter mundial.Como o evento coincide coa festividade de San Jordi, patrono de Cataluña, fíxose alí tradicional, entre os namorados e persoas queridas, intercambiarse unha rosa e un libro, porque o agasallo deste é, “ ademais dun regalo, un delicado eloxio”.
O escritor arxentino Xosé Luis Borges escribíu: “ Hai quen non podería imaxinar un mundo sen paxaros ou un mundo sen auga ; no que a mín se refire son incapaz de imaxinar un mundo sen libros. O home creou a espada e o arado, prolongacións do brazo que os usa. Creou tamén o libro que é unha extensión secular da súa imaxinación e da súa memoria”.
Suso Fernández.