Site icon Crónica3.com A Mariña

Dúas derrotas e un triunfo, resultado da última xornada do CD Foz

Só o equipo cadete mantén o tipo en canto a resultados se refire dos equipos base do Club Deportivo Foz. Nin infantís nin xuvenís sacaron resultados positivos nos seus respectivos encontros desta fin de semana. Así, os INFANTÍS que dirixe Burunda volveron a perder outro encontro na Liga Galega. O infortunio cebouse cos focegos que durante o partido, perderon os dous porteiros por lesión e tivo que ser Iñaki quen ocupara a portería. O resultado final foi de 3-0, aínda que hai que suliñar que se contou con varias ocasións de gol durante o encontro. O próximo partido desta categoría será o vindeiro sábado ante a Residencia de Lugo, último clasificado.

Pola súa parte os XUVENÍS de Amarelo caeron polo mesmo resultado que os infantís (3-0) no campo da Mina na Pontenova.

E xa para rematar os CADETES sí gañaron como de costume, esta vez ante o Sarria por 4-0. Outro mal e aburrido partido dos pupilos de Oke, que só a súa superioridade física e técnica lles chega para gañar os encontros. Pero moito teñen que cambiar as cousas para a fase de ascenso para poder superar as eliminatorias, xa que se ve un equipo anárquico e sen patrón de xogo, onde cada quen fai a guerra polo seu lado deixando o xogo de equipo no vestiario. A vindeira xornada si se gaña en Lugo ante o Polvorín proclamaranse campións provinciais.

Exit mobile version