Site icon Crónica3.com A Mariña

Educación emocional, dereito e inclusión social na UNED de Viveiro

A aula da UNED de Viveiro organiza un curso sobre educación emocional, dereito e inclusión social que se desenvolverá os vindeiros 3 e 7 de maio en horario de catro a nove da tarde sendo a primeira sesión presencial e a segunda Avip. Eva María Espiñeira Bellón titora UNED-Viveiro; María Barreiro Gen, titora UNED-Viveiro e Juan Ferreiro Galguera, Catedrático da UDC, serán os encargados de impartir este curso de 25 horas que abordará valores educativos e inclusión social a través da análise de filmes, a educación emocional, os conflitos ou a finalización das penas. A inscrición pode realizarse on line a través da páxina www.extensionuned.es ou cubrindo o boletín de inscrición e facéndoo chegar á Secretaría da UNED de Viveiro ingresando tamén o pago da matrícula que ten un custe de 30 euros (25 euros para os alumnos da UNED e desempregados e 20 para discapacitados).

Exit mobile version