O Burela FS Pescados Rubén pechará este domingo, en horario unificado (12.00 horas), a Liga Nacional Xuvenil. Dende a segunda praza (55 puntos), a 2 puntos do líder transportista, os rapaces de Lucas recibirán na última xornada ao Noia FS, sexto clasificado (27 puntos), en Vista Alegre.
Os mariñáns pelexarán por clausurar a competición por todo o alto, co segundo posto garantido, cunha vantaxe de 4 puntos sobre o Santiago Futsal. Cumprindo o obxectivo dos tres puntos, a escalada ao cumio dependerá do papel do Azkar Lugo (54) ante o Leis Pontevedra, noveno (20 puntos).
Liga Nacional Xuvenil
Burela FS-Noia FS
Domingo 7 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Liga Autonómica Xuvenil
Burela FS-AD Barval
Sábado 6 de abril, ás 12.45 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Amigable
Xove/Celeiro FS Alevín-ED EON Burela FS Alevín B
Sábado 6 de abril, ás 12.00 horas, no pavillón de Celeiro
CD Burela FS