Site icon Crónica3.com A Mariña

Emprendedores, autónomos e políticos abordaron hoxe en Vilalba as medidas prioritarias para incentivar o emprego xuvenil na provincia

• O encontro, organizado por Novas Xeracións da Provincia de Lugo, permitiu poñer en común aportacións incentivadoras do emprego así como analizar o plan posto en marcha polo Goberno Central.

• Na mesa redonda participaron un autónomo propietario, un xoven emprendedor, o coordinador sectorial de traballo e promoción económica do PP, Justo de Benito, e o deputado nacional, Jaime de Olano.

• O secretario xeral do PP clausurou un acto no que asegurou que fronte a crise “temos xóvenes dispostos a dar a batallas das ideas e xerar novas oportunidades”.

Lugo 5 de abril de 2013.- Emprendedores, autónomos, políticos e mozos abordaron hoxe en Vilalba as medidas prioritarias para incentivar o emprego xuvenil na provincia. O encontro, organizado po Novas Xeracións da Provincia de Lugo, permitiu poñer en común aportacións incentivadoras do emprego así como analizar o plan posto en marcha polo Goberno Central.

Así o puxo de manifesto o presidente provincial de Novas Xeracións da Provincia de Lugo, Daniel Vega, quen asegurou durante o acto de clausura que estas xuntanzas que está a organizar a agrupación vinculada aos populares nacen co único afán de apostar polos emprendedores, polo autoemprego e por loitar contra unha das principais lacras que afecta aos mozos: o paro xuvenil. Segundo precisou Vega, neste marco “puidemos intercambiar ideas e suxerencias” sobre o camiño a seguir para garantir “o futuro dos mozos”.

O dirixente da formación xuvenil tamén asegurou que este encontro permitiu poñer en común o ambicioso paquete de medidas impulsado tanto polo Goberno Central como pola Xunta de Galicia en apoio do emprego xuvenil e do emprendemento.

Programa
O rexedor de Vilalba, Gerardo Criado, foi o encargado de inaugurar este acto que baixo o lema “Medidas para o futuro”, analizou o necesario fomento do emprego xuvenil. Na mesa redonda participaron o autónomo e propietario da Clínica San Ramón en Vilalba; Julio Vázquez Otero; o mozo emprendedore e director xeral da empresa de enerxías renovables TecnoRenova, Alberto Román; así como o coordinador sectorial de traballo e promoción económica do Partido Popular de Lugo, Justo de Benito e o deputado nacional, Jaime de Olano.

A mesa estivo moderada polo presidente de Novas Xeracións de Vilalba, José Miguel Díaz Coira. Ademais de Daniel Vega, o acto estivo pechado polo secretario xeral do Partido Popular de Lugo, José Manuel Balseiro. O número dous do PP lucense asegurou que as reformas do Goberno xa adiantan efectos moi positivos na economía ao tempo que manifestou que “queda moito traballo por facer, pero coa xuventude mellor preparada da historia, e con xente como vosoutros que tedes iniciativa política e gañas de poñer solucións sobre a mesa; a crise será pronto un mal recordo”. Balseiro concluiu asegurando que “fronte á crise temos xóvenes dispostos a dar a batallas das ideas e xerar novas oportunidades”.

Unha aposta decidida de colaboración na loita contra o paro xuvenil
Durante o encontro, referíronse ao amplo paquete de medidas de apoio ás PEMES, para loitar contra o desemprego xuvenil e estimular o crecemento; así como á colaboración da Unión Europea para que se destinen fondos europeos á loita contra o paro no país e á Lei de Empendedores, que suscitará incentivos ao emprendemento e axudas ás empresas que contraten a traballadores menores de 30 anos.

Asemade, tamén saíron a relucir datos que amosan bos resultados, como que dende a entrada en vigor da reforma laboral asináronse máis de 60.000 contratos de formación e aprendizaxe, base do modelo de formación dual, á vez que os contratos a tempo parcial incrementáronse nun 25%. En 2012, asináronse, 82.238 novos contratos de emprendedores e hoxe as empresas de inserción dan emprego a máis de 4.500 persoas que doutro xeito terían moi complicado o acceso ao mercado de traballo.

Exit mobile version