Site icon Crónica3.com A Mariña

Entidades de Xove teñen novo local

OLYMPUS DIGITAL CAMERAO Concello de Xove reforma con fondos propios a antiga casa do conserxe, do Colexio Público de Xove. O arranxo foi levado a cabo por operarios municipais no cal se fixo un investimento preto dos 30.000 euros. Este novo local será destinado a servizos de dúas entidades do Concello: a APA do colexio dispoñerá dun local para actividades, e a Asociación Cultural Deportiva Xove dispoñerá do resto para poder impartir clases de pintura. O alcalde, Demetrio Salgueiro, xunto coa concelleira de Cultura Dolores Meitín visitaron o local a modo de inauguración, e tamén compartiron uns momentos cos máis novos pintores locais. A ACD Xove agradece ó Concello de Xove o seu total apoio no proxecto deportivo-cultural conxunto.

Exit mobile version