Este curso foi organizado pola ACIAM Xove para os seus asociados, coa colaboración do Concello de Xove, que puxo a disposición da ACIAM a Aula de Informática da OMIX e tamén o técnico que impartiu o curso, concretamente Daniel López. No curso inscribíronse 16 persoas.
Os participantes traballaron con dous programas, o Power Point 2007 e o Acces 2007; estes programas informáticos teñen unha gran aplicación práctica para as empresas, xa que o Powert Point serve para realizar presentacións de produtos e servizos e o Acces para xestionar e crear bases de datos. Por iso, as 15 horas que durou o curso foron basicamente prácticas, servíndolles aos participantes para pórse ao día en procedementos informáticos que despois van poder aplicar nas súas empresas e negocios.