Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecosocialista Galego asiste á Asemblea de ICV e aproveitara para fortalecer as alianzas con outras forzas de esquerda

Desde hoxe venres 19 e ata o domingo 21, o vicecoordinador de relacións políticas, Juan Martinez, e o Coordinador Nacional de Espazo Ecosocialista, Xoán Hermida, asistiran á X Asemblea Nacional de ICV que se celebra na localidade catala de Viladecans coa presenza de 904 delegados/as e unha importante representación exterior.

Entre as forzas de esquerda convidadas coas que Espazo Ecosocialista aproveitará para mellorar relacións e fortalecer alianzas cara aos procesos de resistencia fronte á barbarie neoliberal e as políticas de cambio que necesitase encetar estarán Iniciativa del Poble Valencià (Compromís), Chunta Aragonesista, Iniciativa Balears e Partit Socialista de Mallorca (MES), Primavera Andaluza e Aralar (Amaiur). Tamén estaran IU e Equo, o Partido Verde Europeo, Sinistra Ecologia e Libertá e Syriza. Ademáis da Alianza País de Ecuador, o Partido dos Trabalhadores do Brasil e o Frente Amplio de Uruguai.

Unha das prioridades coas que traballa a formación ecosocialista galega é ir avanzando na construción dunha ampla alianza de forzas políticas e sociais para encetar un novo proceso constituínte en Galicia, no Estado e en Europa.

Nese proceso é fundamental que se constituía unha alianza das esquerdas en clave renovadora e democrática para abordar as eleccións europeas como un rexeitamento claro ás políticas definidas polos oligopolios económicos e as dereitas políticas.

Trataríase de constituír esta ampla alianza no marco da circunscrición estatal que rexe esas eleccións pero onde a papeleta e candidatura en Galicia fora a representada por Alternativa Galega de Esquerda (AGE).

Exit mobile version