Excelentes resultados das laurentinas no décimo Torneo de Basket Lourenzá en Xogo 2013
edicion2
O Lourenzá Ensino proclamouse vencedor do décimo Torneo de Basket Lourenzá en Xogo 2013 ao impoñerse na final ao Oribeltza Portugalete por 57-47, despois de asinar o seu pase á final cun ventaxa de 10 puntos sobre o C.B. Burela. Así, o subcampionato foi para o Oribeltza Portugalete e o terceiro posto do podio para as rapazas de Onil, mentres que as burelesas se tiveron que conformar coa cuarta posición.
Nemo Collado, de Andross Burjassot, venceu no concurso de triplas da categoría sénior onde foi destacada polos adestradores Sabela Uriz (Lourenzá Ensino) como MVP. Completan o cinco ideal Marly Varela (Lourenzá Ensino), Irena Martínez (Onil), Mar Fernández (Burela) e Nerea Nanclares (Oribeltza).
Cadetes
O C.B. Burela fíxose coa primeira posición do torneo na categoría cadete despois de gañar na final por 34 – 32 ao Ensino Lugo. Corazonistas Vitoria alcanzaron finalmente a terceira praza por diante dos equipos Lourenzá-Mondoñedo A e B, cuarto e quinto, respectivamente.
Os adestradores dos equipos coas súas votacións trás cada partido elixiron entre o cinco ideal a Ana Martínez, do Corazonistas; Carla Gallo, do Burela; Gema González-Redondo do Lourenzá-Mondoñedo A; Ana Losada, do Lourenzá-Mondoñedo B e Ana Pedrouzo (MVP), do Ensino. Póla súa banda, Lucía López do Lourenzá-Mondoñedo proclamouse gañadora do concurso de triplas da categoría cadete.
Júniors
Viator Vitoria proclamouse campión na categoría júnior desta décima edición do Torneo de Basket Lourenzá en Xogo 2013 ao vencer na final ao Lourenzá Ensino por 36-47. Amaia Diez (Oribeltza), Sara Alvarado (Viator), Paula Pinado (Andros), Judhit Ferreirós (Lourenzá Ensino) e Leire Ruíz do Viator (MVP) foron destacadas coma o cinco ideal polos seus adestradores despois dos partidos. Judith Ferreirós, do Lourenzá Ensino, proclamouse gañadora do concurso de triplas da categoría.