Site icon Crónica3.com A Mariña

Expertos en turismo analizan o potencial deste sector en Mondoñedo nunha xornada organizada por NN.XX.

DSC07154Mondoñedo a 27 de abril do 2013.- Nunhas xornadas de turismo que tiveron lugar esta mañá na Casa da Xuventude de Mondoñedo, organizado por NNXX do Partido Popular, expertos no sector analizaron o potencial que Mondoñedo acada nesta materia.

“A unidade e o traballo conxunto entre os diferentes concellos é clave para dinamizar este sector”. Así o consensuaron os diferentes ponentes neste foro que naceu o único obxecto de “leccionar nesta área e escoitar experiencias reais doutras localizacións que asumiron grandes retos”.

Deste xeito, expuxeron o seu caso en particular o presidente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, Carlos Armesto, xunto a xerente do ente, Alexandra Seara. De igual maneira, a xefa da área provincial dependente da axencia de turismo de Galicia, Paloma Vázquez, explicou que a administración debe sentar as bases que “empuxen ao sector privado” para dotar a localización de opcións turísticas.

Mondoñedo é unha localidade “estratexicamente situada cun patrimonio excepcional que os veciños debemos saber aproveitar”, expuxo o presidente local de Novas Xeracións, encargado de inaugurar o acto. E neste liña está a traballar de maneira continuada o PP local, co único obxecto de dinamizar e potenciar turisticamente a localidade.

Deste xeito, a voceira local, Elena Candia, anunciou hoxe que os primeiros clientes do paquete turístico, enmarcado no proxecto promovido polo seu partido xunto a entidades locais e empresarios visitará Mondoñedo o vindeiro día 10 de maio.

No foro participou, Susana Conde, responsable da Axencia de Viaxes Mundo Galaico, que explicou o proxecto turístico promovido polos populares, xunto aos paquetes turísticos que está a promocionar a citada axencia.

En Mondoñedo téñense redactado varios plans de dinamización turísticos, así a popular asegura que é o momento de dar o paso e a aplicar a teoría, coa implicación do sector privado e da administración pública.

Pablo López Pérez, director de Analiza, foi o encargado de explicar a oportunidade de “paquetizar” e dar a coñecer posibles estratexias de comercialización.

“Hai moitas deficiencias corrixibles e que non supoñen un custo económico”, explicou a popular e as que tamén referiu a emprendedora local, Chus Amierio, propietaria de Casa de Mañas, que explicou a súa experiencia e resaltou a posición estratéxica da localidade e os beneficios do turismo local.

Unha idea que reflicte que Mondoñedo ten futuro e para potencialo ten que verse respaldado.

Exit mobile version