Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición na Biblioteca de Barreiros para conmemorar o Día Internacional do Libro

A biblioteca pública municipal de Barreiros acollerá do 22 ao 26 deste mes de abril unha exposición para conmemorar o Día Internacional do Libro. Na mostra haberá novidades editoriais de literatura infantil, xuvenil e para adultos. Poderá visitarse todos os días en horario de 9:30 a 14:30 e de 17 a 19 horas e o propio Día do Libro, que se celebra o vindeiro martes 23, estará aberta de 9 a 15 e de 17 a 20 horas. A exposición está organizada pola biblioteca coa colaboración da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Barreiros.

Exit mobile version