O pavillón Multiusos Fontes do Sar acolle a festa galega do fútbol sala entre o Santiago Futsal e o Burela Pescados Rubén, sábado día 13, a partir das 18.00 horas. O feudo santiagués estrea derbi na Primeira División LNFS, un duelo que xerou enorme expectación entre a afección laranxa. Ao redor de 200 afeccionados desprázanse a Compostela, entre a viaxe organizada pola Peña A Pataca Naranxa que disporá de 2 autobuses e os afeccionados que acudirán pola súa conta.
O Burela Pescados Rubén quere degustar a vitoria dun derbi no seu estreo na máxima categoría e para iso os pupilos de Juanlu deben superar a un Santiago Futsal que está realizando unha excelente tempada, quinto clasificado con 40 puntos. A intensidade e emoción está asegurada, tanto na pista como na grada,. Santiago Futsal quere consolidar a súa praza para os play off e os bureleses achegarse á permanencia matemática. Na grada tamén se vivirá un duelo amigable, ambas afeccións ofrecerán o seu particular e espectacular duelo de cánticos para ensalzar un derbi anhelado durante anos.
Convocatoria: Edu, Iago Barro, Enrique, Iago Míguez, Isi, Mimi, Juanma, Matamoros, Cesinha, Christian, Juanma, Hugo e Fabio Sequeiros. Nacho Pedraza é baixa por lesión.
Máis derbi. Na próxima xornada, o Burela Pescados Rubén recibe en Vista Alegre ao Azkar Lugo, encontro que se disputa o sábado día 20, a partir das 13.00 horas, e que será retransmitido por Marca TV.