Site icon Crónica3.com A Mariña

Festa republicana en Viveiro

bandeira republicanaRegalXunqueira Centro Cultural, Os Aventados e Regal Cerámica organizan a Festa da República. A celebración desenvolverase o domingo 14 de abril a partir das doce do mediodía coas bombas de palenque. Á unha da tarde interpretarase o himno de Riego e o doutor Pablo Mosquera abrirá os actos. Posteriormente, proxectaranse curtas de cine e reportaxes sobre a República; seguidas dunha sesión vermú e a inauguración da Praza da República no Complexo Regalxunqueira. Ás tres da tarde o restaurante Ría de Viveiro acollerá un xantar de confraternidade republicana que conta cun prezo de 12 euros. Ás cinco da tarde a música e os recitais volverán a protagonizar o encontro da man de Lino e Paco Rivas, entre outros; pero tamén haberá gaiteiros e outros músicos que queiran actuar, para o que se poden poñer en contacto coa organización a través de ceramica@oteroregal.com ou no 982 56 25 89 –os mesmos medios de contacto que son precisos para apuntarse para o xantar-. A xuntanza conta coa colaboración da delegación de Cultura da Deputación Provincial por medio do programa de “Recuperación da Memoria Histórica” de Os Aventados.

Exit mobile version