A Asociación Enriqueta Otero celebra este venres, a partir das once da noite, na Sala Castelao, unha festa solidaria coa que conmemora os cinco anos de traballo da asociación. Para celebrar este aniversario, preténdese recadar tamén fondos para as súas actividades e dar a coñecer os seus proxectos de futuro nos que a loita contra a violencia machista segue sendo o eixo principal. A música de Iván e Josito, Tierra de cinco minutos e Gramola centrarán a parte musical desta festa, que estará presentada por Elena G. Morales. Ademais, DJ Yepes fará unha sesión homenaxe ás mulleres e á música.