Site icon Crónica3.com A Mariña

Galiza Nova A Mariña organiza mañá en Ribadeo un acto para conmemorar o aniversario da Revoluçâo dos Cravos

Con esta xornada reivindicativa, a formación xuvenil nacionalista pretende afondar na necesidade da soberanía nacional fronte á imposición de políticas por parte de Europa que non benefician en nada á cidadanía.

Ribadeo, 25 de abril de 2013. A formación de Galiza Nova da Mariña organiza mañá, ás 21,30 horas, no Pub O Rockuncho de Ribadeo, un acto con motivo do aniversario da Revoluçâo dos Cravos, durante o que se proxectará o vídeo “25 de abril de 1974” seguido dun coloquio con Ana Ermida, responsábel comarcal do BNG, baixo o título “Do 25 de abril á Troika”.

Con esta iniciativa que ten por lema “O povo é quen mais ordena!”, dende a formación xuvenil nacionalista pretenden afondar na importancia que ten a soberanía para os pobos a través do exemplo de Portugal “un país que a día de hoxe non pode decidir as súas medidas económicas e no que as condicións de traballo e os dereitos sociais están a sufrir unha degradación progresiva”.

Esa loita pola soberanía na que insisten os nacionalistas é extrapolable a outros pobos como é o caso de Galiza, un exemplo de falla de soberanía, posto que está sendo intervido por Europa e está vendo impostas políticas que non benefician para nada á cidadanía.

Exit mobile version