Site icon Crónica3.com A Mariña

Galiza Nova de Lugo convoca paros no ensino para protestar polo desmantelamento do IES As Mercedes

Mañá luns os estudantes do IES As Mercedes farán un paro ás 11:20 horas e farán unha sentada diante do centro de ensino e o vindeiro xoves farase unha manifestación.

Lugo, 21 de abril de 2013. Galiza Nova de Lugo, a formación xuvenil nacionalista do BNG, xunto á Asemblea de Estudantes do IES As Mercedes, convoca ao estudantado de Lugo a mobilizarse contra o desmantelamento do ensino público este luns ás 11:20 horas diante do IES As Mercedes, onde se fará unha sentada. Así mesmo, convoca ao estudantado de Lugo a participar dun parón xeral o vindeiro xoves 25 de abril e da manifestación que ese mesmo día partirá desde o IES As Mercedes ás 11:15 horas e percorrerá as rúas de Lugo até diante do edificio da Xunta de Galiza na na defensa do ensino público.

Desde Galiza Nova denunciamos o desmantelamento do IES das Mercedes no que, por decisión unilateral da Xunta que aínda por riba comunicou no 3º trimestre do curso, se converterá en CIFP e, polo tanto, deixaranse de impartir neste centro as ensinanzas de ESO e Bacharelato, prexudicando á comunidade educativa deste instituto e masificando as aulas dos IES da área ao desviárense o alumnado de ESO e Bacharelato.

Exit mobile version