Site icon Crónica3.com A Mariña

Goleada e liderado do equipo feminino do Burela FS

Festival goleador e liderado para o Burela Pescados Rubén, que endosou un contundente 10-0 a un voluntarioso pero inofensivo Femení Centelles. O duelo desigual entre a candidatura laranxa ao título e o colista non tivo cor desde o inicio.

As mariñás non pecaron de exceso de confianza e marcaron un ritmo de xogo letal para un Centelles que resistiu ata o minuto 9. Dany comezou a rendibilizar a abafadora superioridade local, marcando o 1-0 e rapidamente Peque aumentou a renda logrando o 2-0. As catalás apenas xeraron perigo na meta defendida por Patri, o seu único obxectivo era resistir o acoso local que non cesaba. Lara fulminou calquera atisbo de esperanza visitante marcando o 3-0 co que se chegou ao descanso. Na segunda parte, as laranxas seguiron coa mesma actitude e os goles foron chegando en oleadas ata redondear o marcador co definitivo 10-0. As benxaminas do equipo; Lara, Silvia e Paula estreáronse como goleadoras nunha competición que entra na súa recta final co Burela Pescados Rubén no liderado.

Burela Pescados Rubén: Patri; Lucía Nespereira, Haydée, Lidia y Peque –cinco inicial- Dany, Dolo, Maite, Lara, Paula e Silvia.

AE Centelles: Andy; Carri, Vieites, Manzi y Rifi –cinco inicial- Guti, Cris e Sandra.

Goles: 1-0, min. 9 Dany; 2-0, min. 10 Peque; 3-0, min. 15 Lara; 4-0, min. 24 Silvia; 5-0, min. 25 Lidia; 6-0, min. 32 Lara; 7-0, min. 32 Lidia; 8-0, min. 33 Paula; 9-0, min. 33 Maite; 10-0, min. 36 Maite.

Colexiados: Granda Candas e Valdés Obaya do colexio asturiano. Amoestaron con cartón amarelo a Sandra do Centelles.

Pavillón Vista Alegre: 400 espectadores.

Exit mobile version