Site icon Crónica3.com A Mariña

González Barcia analiza en Madrid o proxecto de dotación de servizos á praia urbana de Burela

Foto alcalde Madrid 2Burela, 22 de abril de 2013. O alcalde, José Mª González Barcia, mantivo en Madrid un encontro co director general de Sostenibilidad de la Costa y el Mar, Pablo Saavedra, para falar do proxecto de dotación de servizos de salvamento e socorrismo e de servizos hixiénicos á praia urbana de Burela.

González Barcia dixo que “este ano, por atoparnos nas datas nas que estamos, é inviable realizar esta obra e tamén pola capacidade presupostaria que hai agora mesmo”. O rexedor sinalou que “de cara ao vindeiro ano estudarase a posibilidade de encaixala e de incluír esta obra nos orzamentos de 2014. O que nos queda agora é analizar as posibles opcións para poder levar adiante este proxecto, polo que estableceremos os correspondentes contactos entre a Dirección General e o propio Concello”.

O presuposto de contrata será de 220.000 euros, “debido á súa contía tería que facerse de xeito plurianual. O que tentaremos é buscar fórmulas de colaboración para poder realizar esta obra”, engadiu o alcalde de Burela. José Mª González Barcia considera que “se trata dunha infraestrutura importante para Burela porque a praia urbana é moi utilizada durante o verán”.

O rexedor lembrou que “a Dirección General de Costas, durante os gobernos de José Mª Aznar, foi moi inversora en Burela. De feito realizou o paseo marítimo do Cantiño, nas súas dúas fases, e tamén o paseo que vai desde a praia urbana ata a da Marosa. Agora toca seguir traballando para este proxecto se poida converter nunha realidade ao longo dos vindeiros anos”.

Exit mobile version