Site icon Crónica3.com A Mariña

Inicio do plan de formación de Acisa

Foto manipulador alimentos 1O plan de formación que Acisa Ribadeo ofrece aos seus socios deu comezo cun curso de manipulador de alimentos en hostalería, que se impartiu nas novas instalacións da asociación. A empresa Álvarez Real, asociada de Acisa, é a que se encarga de impartir ditos cursos, tras o convenio firmado hai meses coa Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo. O seguinte cursos en impartirse será o de manipulador de alimentos en comercio e tamén en hostalería, que terá lugar o 29 de abril en horario de 16.30 a 19.30 horas. Para acudir será posible realizar a inscrición o día 19. As inscricións realizaranse nas oficinas de Acisa, en info@acisaribadeo.es ou no 982.120.565.

Exit mobile version