Site icon Crónica3.com A Mariña

Lexislativa Popular e limparse as temporas os diputados da maioría

“Non é democrático, xusto, nin serio, empapelar con carteis as casas dos políticos”. Parolas de Rajoy en contra de os señalamentos públicos ou escraches realizados aos deputados populares polos membros da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH). Poucos días antes a delegada do Goberno do PP nos madriles, Cristina Cifuentes, foi moito máis alá ao equiparar os métodos da Plataforma cos de ETA, unha manobra coa que os populares perseguían dous obxectivos: criminalizar ás vítimas dos desahucios e así minusvalorar a proposta da Plataforma, pero tamén distraer á opinión pública do sentido das enmendas do PP destinadas a entorpecer a Iniciativa Lexislativa Popular, que promueve a dación en pago e a moratoria das ejecuciones hipotecarias. Unha lei de mínimos. Que foi utilizada por a dereita maioritaria para limparse as súas partes.

Só nos últimos seis meses do ano 2012 executáronse case 48.000 desahucios. Nos últimos anos miles de persoas desesperadas quitáronse a vida tras perder o seu traballo, os seus dereitos, a súa dignidade e a súa casa. Mediante os escraches quériase informar aos responsables públicos das terribles consecuencias de apertar un botón nun sentido ou noutro no Congreso dos Deputados.É unha interpelación individual a cada un deles para que non se escuden na disciplina de voto para eludir a súa responsabilidade cos cidadáns. Todos estes representantes foron convocados previamente a asistir ás reunións da Plataforma para coñecer de primeira man o drama dos afectados. Pero nin un só deles quixo escoitarlles. Son pobres e os pobres non teñen voz.

Moitos criticaron os escraches, os gritos das vítimas. Pero é seica democrático, xusto e aceptable violar sistemáticamente os dereitos humanos e o domicilio das persoas, mediante procedementos de ejecución hipotecaria que xa foron declarados ilegais pola Unión Europea? É seica lexítimo romper cerraduras, portas e fiestras, aterrorizar e botar violentamente á rúa a familias enteiras, nenos, persoas maiores? Non chocan frontalmente esas prácticas cos dereitos humanos, coa Constitución, coa decencia? Iso si que é repugnante. E terrorismo de Estado. E deixar ben clariño quen manda neste estado: A BANCA. Que perdoa créditos a os partidos políticos e chimpa na rúa a os pobres e sin traballo.

Alfonso Otero Regal.

Exit mobile version