Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 200 persoas realizarán as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior este xoves no IES Perdouro de Burela

O día 25 de abril é a data de celebración das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior. O IES Perdouro de Burela será a sede para toda a Mariña. Hai inscritos 222 participantes que terán que presentarse ás nove da mañá co seu documento de identidade (DNI, NIE, pasaporte…) e a copia do formulario de solicitude. Pola mañá, de 10:15h ás 13:30h, realizarase a parte común da proba (matemáticas, lingua galega e lingua castelá). E pola tarde, terá lugar das 16:00h ás 18:30 h. a parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo).

En cada chamamento as persoas inscritas estarán situadas na porta da entrada ao edificio principal á espera de instrucións do tribunal.

Información de interese

– As persoas que estean exentas de realizar a parte común acudirán directamente ao chamamento antes das 16:00 horas.

– As persoas que estean exentas de realizar a parte específica acudirán soamente ao chamamento das 9:00 horas.

– As persoas que estean exentas das dúas partes non terán que acudir á celebración da proba.

– As persoas que acudan ás probas procurarán estar nas inmediacións do centro coa antelación suficiente, tendo en conta os problemas de aparcadoiro que poidan xurdir, xa que o centro educativo está a carón do Hospital da Costa.

Toda a información en www.edu.xunta.es/fp e http://www.edu.xunta.es/centros/iesperdouro/.

Exit mobile version