Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 50 xinetes participan na segunda ruta a cabalo en Mondoñedo

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOs participantes que recorreron preto de 17 quilómetros remataron a xuntanza cun xantar na Alameda dos Remedios con carne de poldro

Mondoñedo, 28 de abril de 2013. O mal tempo e o frío non desanimou aos 56 xinetes inscritos na 2ª ruta a cabalo en Mondoñedo, un evento organizado dentro do programa das festas das Quendas. A organización salienta ademais que “este ano superouse os inscritos con respecto á edición anterior, o que supón unha gran satisfacción para organización”, explica Miguel Souto, presidente da Comisión de Festas.

A ruta comezou ás 11 da mañá, percorreron preto de 17 quilómetros polos arredores de Mondoñedo, saíndo dende a Alameda dos Remedios, pasando por Cesuras, Pena da Roca, Cabana de Vella, Pelourin, Valiño ou os Picos para finalmente entrar por unha das rúas que da acceso a Mondoñedo polo cemiterio vello. Finalmente subiron pola avenida das San Lucas ata chegar ao punto de saída.

O paseo dos xinetes polo centro cidade deixou unha estampa moi fermosa e moi chamativa.

A xornada rematou na Alameda dos Remedios onde todos os participantes reuníronse nun xantar, no que non faltou a carne de poldro.

O luns día 29 de abril é cando comezan as festas das Quendas co pregón de Mari Carmen Rodríguez Lage. O acto é ás 20:15 no Auditorio Pascual Veiga.

Exit mobile version