Site icon Crónica3.com A Mariña

Mario Outeiro demanda a dimisión do presidente da Xunta polas imaxes que o vinculan co narcotráfico

“Feijóo introduce a narcopolítica en Galiza con imaxes máis propias da mafia siciliana” afirma Mario Outeiro.

Lugo, 1 de abril 2013. Esta mañá, na rolda de prensa trala Xunta de Goberno da Deputación de Lugo, o deputado nacionalista Mario Outeiro pediu “a dimisión do presidente da Xunta de Galiza” tralas fotografías publicadas de Alberto Núñez Feijóo a bordo dunha embarcación xunto a Marcial Dorado, narcotraficante que cumpre pena de prisión. Para Mario Outeiro “é lamentable a imaxe que do noso país se dá en todo o mundo xa que estas fotografías foron publicadas en xornais internacionais: Feijóo non é un presidente digno para o noso país. As fotografías deixan en evidencia as relacións entre persoas que levan a cabo actividades ilícitas e o actual presidente da Xunta de Galiza, polo que este debe dar explicacións convincentes e detalladas e dimitir. Feijóo introduce a narcopolítica en Galiza con estas imaxes máis propias da mafia siciliana”.

Mario Outeiro afirmou que “Feijóo ten que explicar se empresas relacionadas con Dorado se beneficiaron da prestación de certos servizos por parte de organismos da Xunta de Galiza ou a Consellería de Sanidade na que por aquel entón tiña Feijóo responsabilidades”.

Exit mobile version